Dúbidas frecuentes

Como se publica un evento?
Os eventos publícanse premendo no botón Publicar evento. (Na web, arriba á dereita).

Debo completar todos os campos do formulario?
Non. Só son obrigatorios o nome do evento, a categoría e a descripción.
Non obstante, se envías tamén unha foto, o evento será máis interesante.

Enviei un evento e non aparece na páxina. Por que?
Os eventos non se publican automaticamente. Por motivos de seguridade, os eventos son revisados antes de seren publicados. Actualizamos os eventos a diario.

Que fago cando esté completo o formulario?
Premer en enviar evento.

Publiquei un evento, pero quero modificar algún dato. Que fago?
Envía correo a dezataboleiro@gmail.com, informando dos cambios correspondentes e o evento será modificado.

Publiquei un evento, pero finalmente non se realiza porque se cancelou. Que fago?
Envía correo a dezataboleiro@gmail.com, informando da cancelación e retiramos o evento da axenda.

X
X